PARQUE ETNOGRÁFICO DO RIO ARNOIA. MUSEO DO COIRO

 

Misión: Resposta a unha idea de recuperación e integración na vida da vila de Allariz, dos elementos do patrimonio etnográfico que aínda subsisten sobre o territorio, pertencentes ás actividades económico-culturais xeradas ó redor do río Arnoia, principalmente o curtido de peles e a transformación de gran de cereal, que forman parte dun pasado relativamente próximo que urxe conservar e dar a coñecer.
Reseña: Este Museo ocupa unha parte importante dun emblemático edificio recentemente recuperado, situado á beira do río Arnoia, a Fábrica de Curtidos da familia Nogueiras.

Na zona adicada a Museo, onde se localizan os pilos da curtición, recóllense as ferramentas empregadas neste oficio (coitelos de pelar, de escarnar, de aprimar, taboas, mesa de engrasar, lunetas, mazo, tenazas, aparello de rematar, etc.), o que permite comprender, xunto coas explicación que se ofrecen nos paneis, todo o proceso de curtición. No piso superior do edificio habilitouse un obradoiro onde un artesar traballa o coiro e un espacio adicado a aula, onde teñen lugar os cursos de artesanía que se teñen levado a cabo polo Museo.
Fecha de creación/apertura: 1995
Temática: Etnografía y Antropología
Titularidad: Pública - Ayuntamiento
Gestión: Pública - Ayuntamiento
Número de visitantes anuales: 3500
Edificio histórico/singular  

La información contenida en cada una de las fichas disponibles del Directorio de Museos y Colecciones de España es responsabilidad en cada caso de la institución correspondiente, que es la que ha generado el contenido informativo

« Volver